A avenida da Constitución volve acoller o mercadiño boirense a partir de mañá

16 Decembro 2019

O mercadiño semanal que cada martes de celebra en Boiro regresa á avenida da Constitución, polo que o traslado de tódolos postos está previsto para mañá, despois de que esta tarde se proceda á asignación dos espazos na nova localización. Ademais, o alcalde do municipio, José Ramón Romero, visitará o emprazamento ás 12.30 horas.

Segundo manifestan desde o Concello, unha vez feito público o cambio, chegaron numerosas solicitudes de postos para instalarse na nova localización e tamén dos xa existentes para ampliar metros. Neste senso, efectuarase unha nova distribución mantendo os postos tal e como estaban para darlle prioridade á antigüidade, e, de seguido, comezaranse a situar os novos postos nos espazos que queden libres.

Así mesmo, o mercadiño realizarase tamén durante as datas do Nadal, tanto o 24 coma o 31 de decembro, coa intención de impulsar o cambio de localización, especialmente nesta época.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...