A ABE impulsa a súa campaña de Nadal

11 Decembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) presenta para este Nadal unha campaña que inclúe o Sueldazo ABE, consistente nun soldo de 300 euros durante seis meses entre os clientes dos ao redor de 40 establecementos participantes que realicen as súas compras entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro. En total, repartiranse un total de 90.000 rifas numeradas e entregarase unha por cada 10 euros de compra. Nesta ocasión haberá un único premiado e catro suplentes para garantir a entrega do premio. O sorteo realizarase o 9 de xaneiro, ás 12.00 horas, na propia sede da ABE.

Por outra banda, repartirase un lote de cartas aos Reis Magos para cada negocio participante, ademais de estar dispoñibles na Carpa dos Soños, na ludoteca e no campamento de Nadal. Os cativos unicamente terán que escribir as súas peticións a Melchor, Gaspar e Baltasar, cubrila cos datos que se indican e depositalas na urna que estará na Carpa dos Soños entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro. Así, o 4 de xaneiro sortearanse dous monopatíns, un tradicional e outro eléctrico.

Finalmente, para acceder á ludoteca de Nadal é preciso presentar un ou varios tíckets de compra de calquera establecemento de Boiro por importe de 20 euros con datas entre o 13 de decembro e o 4 de xaneiro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.