Volta e Dálle chega este venres a Rianxo con Falar por Falar

22 Novembro 2019

A compañía Volta e Dálle Teatro, contra temporais e chuvieiras mil, recala este venres en Rianxo para representar a súa obra Falar por Falar, un espectáculo sobre a nosa lingua, no sentido máis galego do termo, e, tamén, sobre iso que levamos facendo dende hai unha chea de séculos e que consiste en abrir a boca e comunicarnos (ou tentar facelo) con palabras e frases. A representación, prevista para este venres 22 as 21.00 horas na sala Arcos Moldes, contará cos actores Carlos Santiago e Pepe Penabade. A cita teatral, destinada a un público adulto, ten entrada de balde até completar a sala a súa capacidade. Trátase dunha proposta da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A nivel argumental, a peza xúntanos con dous personaxes: un actor nado no medio rural, por unha banda, e un dramaturgo procedente dun medio urbano, pola outra. Os seus choques culturais e lingüísticos confrontan en clave retranqueira as súas vivencias e reflexións persoais arredor da lingua galega. Pepe Penabade e Carlos Santiago desafíannos a “unha viaxe pola realidade viva da lingua, á procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións, que nos permita desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.