Vinte e cinco persoas inician o curso 2019-2020 do IV Ciclo da USC en Ribeira

05 Novembro 2019

En aplicación do convenio colaborativo asinado a semana pasada entre o Concello de Ribeira e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), na tarde de hoxe comezaron os seus estudos de IV Ciclo un total de 25 persoas maiores de 50 anos.

Antes do inicio da clase, tivo lugar un acto de presentación que contou coa participación da concelleira de Educación, Juana Brión, e da directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira, quen ofreceu aos asistentes unhas explicacións e primeiras pautas sobre o que supón que Ribeira sexa sede permanente desta iniciativa. Así, enumerou a expedición de carné de estudante da USC ou a necesidade de escoller un representante do alumnado, entre outras.

A continuación, Xaime Regueiro, profesor de Dereito Civil, principiou coa materia Fundamentos de Dereito. Outros contidos que se impartirán neste curso son Iniciación á bioloxía humana, Xeografía de Galicia, A política hoxe e Informática básica. Esta acción formativa desenvólvese no Centro Cultural Lustres Rivas e estenderase ata o 17 de xuño.

O prazo de matrícula continúa aberto, polo que as persoas maiores de 50 anos interesadas aínda están a tempo de incorporarse.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.