Vicente Mohedano e Manuel Rey daranse cita no RianxoCiencia 2019

13 Novembro 2019

O RianxoCiencia 2019 continúa desenvolvéndose ao longo de novembro no marco simbólico do mes da ciencia e baixo a premisa da cultura científica, técnica e da innovación como piar inescusable do desenvolvemento sociocultural da cidadanía. Esta iniciativa contempla numerosas actividades de balde enfocadas na promoción e divulgación da cultura científica e técnica.

Así, o salón de actos do Auditorio de Rianxo acollerá o sábado 16, ás 12.00 horas, o Discurshow: Voute contar! a cargo de Vicente Mohedano e destinado a un público a partir de 8 anos. Pola tarde, ás 19.00 horas, o xornalista de GCiencia, Manuel Rey, ofrecerá unha charla-coloquio baixo o título Ciencia e razón fronte ás pseudociencias, terapias perigosas e outras lerias.

Ademais, a sala de exposicións do Auditorio alberga ata o 30 de novembro a mostra 50 aniversario da chegada do home á lúa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.