Unhas actividades ofrecidas pola escritora Eva Mejuto indagarán no Lustres Rivas sobre a desigualdade de xénero

05 Novembro 2019

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira dará cabida o sábado 9 a unha dobre actividade de balde promovida en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística  da Xunta de Galicia, enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Primeiramente, terá lugar a conferencia Voces Violetas, a cargo da autora Eva Mejuto, empregando cancións de diversos xéneros para analizar a presenza de micro e macro machismos e violencia emocional e verbal que axudan a perpetuar comportamentos de desigualdade. Tamén se indagará en personaxes de series de ficción actuais, tanto para o público infantil, xuvenil ou adulto, así como personaxes literarios das lecturas máis aclamadas polo público xuvenil proporcionando ferramentas de análise para detectar, analizar e combater, desde dentro dos propios fogares, a desigualdade e a violencia. Esta cita desenvolverase ás 10.30 horas e está especialmente dirixida ás ANPAs e familias.

Posteriormente, Eva Mejuto ofrecerá un contacontos, ás 12.00 horas, reflexionando sobre os roles habituais dos personaxes femininos e masculinos nos relatos, propoñendo novas formas de contar historias nas que as nenas, mozas e mulleres sexan tamén personaxes activos, reivindicativos e que cuestionan os roles de xénero impostos.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.