Terceira xornada do xuízo polo crime de Diana Quer coa declaración dos feirantes e das últimas persoas que mantiveron contacto coa moza

14 Novembro 2019

Esta mañá desenvolveuse a terceira xornada do xuízo polo crime de Diana Quer, centrándose na reconstrución dos últimos pasos da moza e das particularidades daquela madrugada do 22 de agosto de 2016.

Así, prestaron declaración as testemuñas sobre os momentos previos a que José Enrique Abuín abordase a Diana Quer, así como as circunstancias do día e do lugar dos feitos.

Unha amiga que estivo con Diana ata que se despediu coa intención de marchar para a casa relatou por videoconferencia que “no momento de despedirnos, estabamos as dúas falando cun mozo, e ela dixo que estaba quedando sen batería, que estaba cansa e que ía para a casa. Que xa mañá nos veríamos. Deixei de vela nos límites do parque.”

Tamén por videoconferencia interveu un amigo de Diana, a última persoa coa que intercambiou mensaxes antes de desaparecer. O mozo asegurou que, mentres se escribían, “noteina con medo, pero un nunca se imaxina esa situación.”

Dous meses despois, apareceu o teléfono móbil de Diana nunha zona próxima ao porto de Taragoña, no municipio de Rianxo, baixo a ponte da autovía do Barbanza. Por esta razón, declarou o mariscador que o atopou, manifestando que “recordo que a pantalla paréceme que estaba como laminada de levar un golpe. Estaba rota. E creo que, na parte superior, de fronte, non sei se era no lado dereito, tiña como un golpe ou estaba medio aberto.”

Ademais, compareceron os feirantes que tiñan estacionados vehículos no lugar onde o Chicle afirma que foi roubar gasóleo e nas inmediacións onde supostamente abordou a Diana, segundo el mesmo escenificou durante a reconstrución dos feitos. Os feirantes expuxeron que non escoitaron nada e que tampouco lles faltou gasóleo.

O xuízo continúa mañá, venres 15.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.