Ribeira convoca o Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares con motivo do Nadal

07 Novembro 2019

Por cuarto ano, o Concello de Ribeira impulsa a través da súa área de Cultura un Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares. A obra gañadora ilustrará o cartel de Nadal, ao igual que fixeron as alumnas Daniela Pena (do colexio Galaxia),  Rosa Sanlés (do centro de Amicos) e Iria Paz (do colexio A Milagrosa de Oleiros) nas súas tres primeiras edicións.

Nas bases da convocatoria figura que poderán participar tódolos nenos e nenas de infantil e primaria dos centros escolares do Concello de Ribeira; ademais de que o tema deberá estar relacionado co Nadal. Tamén se especifica que a obra deberá entregarse sen texto de ningún tipo, presentándose en cartolina ríxida ou material semellante cun tamaño que non poderá superar o A3 e a técnica é libre. As propostas deben ser inéditas, polo tanto non poden ser obxecto de ningún outro premio, nin ser publicadas ou presentadas noutros concursos. Cada traballo asinarase con pseudónimo, o mesmo que aparecerá no exterior dun sobre pechado xunto coa idade, contendo no seu interior o nome da nena ou do neno, idade, curso e centro de ensino. Neste senso, o sobre presentarase pegado pola parte posterior do traballo.

Os participantes dispoñen ata o 20 de novembro para remitir as súas obras ao Cultural Lustres Rivas e o xurado estará composto por tres persoas vinculadas ás artes, así como pola concelleira de Cultura e Educación ou a persoa en quen delegue.

A decisión do xurado será inapelable e poñerase en coñecemento do centro de ensino da nena ou neno galardoado o 26 de novembro, e en acto público ao longo do mes de decembro.

O premio, único, consistirá nun diploma, un lote de libros, un agasallo sorpresa, e a edición da obra gañadora como motivo dos carteis de Nadal do Concello de Ribeira. Así mesmo, os centros de ensino participantes recibirán un obsequio literario para a súa biblioteca escolar.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.