Ribeira achega 32.000 euros a sete organizacións sociais que operan no municipio

08 Novembro 2019

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e representantes de sete organizacións de carácter social que operan no municipio rubricaron esta mañá os convenios de colaboración polos que a administración local subvenciona distintos programas e iniciativas promovidos por estes colectivos para traballar contra a exclusión e a prol da integración no concello ribeirense.

As sete entidades foron A Creba, AMBAR, Amicos, Amigos de Galicia, Cáritas, Faibén, e Renacer, e o importe global das axudas ascende a 32.000 euros. Os programas ou iniciativas apoiadas a través destas achegas son o programa de transporte de usuarios, en A Creba; o programa Vivindo na comunidade, en AMBAR; o servizo de atención psicopedagóxica, en Amicos; a cobertura de necesidades básicas, en Cáritas; a loita contra a pobreza e a exclusión, en Amigos de Galicia; o proxecto Contigo, en Faibén; e o programa de prevención no eido das drogodependencias, en Renacer.

O rexedor salientou a intención de seguir incrementando a contía destas axudas e loou o papel de todas estas entidades coa fin de erradicar factores que conduzan a situacións de exclusión social e mellorar a calidade de vida de persoas especialmente vulnerables.

No acto tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.