Rianxo achega un amplo programa de accións e mobilizacións para o 25N

23 Novembro 2019

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Rianxo, as entidades asociativas e educativas locais e a veciñanza van pechar fileiras para reivindicar, ben alto e para que se escoite, que cómpre rematar xa, e dunha vez por todas, coa lacra das agresións contra as mulleres. O programa de actividades chegará até decembro.

Baixo o lema Rianxo 25N, En negro contra as violencias, os actos concentraranse o luns 25 a partir do mediodía, coa lectura dun manifesto no IES Félix Muriel, unha proclama colectiva que terá continuidade ás 20.00 horas, na praza de Castelao, onde haberá unha concentración cidadá que terá prolongación un pouco máis tarde, cunha manifestación pola vila co punto de partida na dita praza. Ás 20.45 horas procederase a outra lectura reivindicativa (a cargo do Movemento Feminista do Barbanza) e, algo máis tarde, ás 21.00 horas, dará comeza unha actuación activista de regueifas a cargo de Kike Estévez e Alba María.

Aos actos do 25, xornada grande da reivindicación, cómpre engadir a Andaina contra as violencias machistas deste sábado 23, con punto de partida ás 9.00 na praza de Padrón, o obradoiro de máscaras de morimbó deste domingo 24, na praza Rafael Dieste ás 12.00 horas, e a actuación do coro feminino Sisters in the House, este domingo a partir das 13.00 horas, tamén na praza Rafael Dieste.

En decembro, o martes 10 e o xoves 12, desenvolverase no Auditorio o taller Machismo sen miopías, a partir das 17.00 horas. Ademais, até o 30 de novembro, a Asociación Ondiñas Mainas realiza a campaña Bolboretas contra a violencia de xénero na infancia, unha iniciativa colectiva de decoración de xanelas, balcóns, escaparates, etc, “en recordo das crianzas falecidas ou orfas”.

Quen queira información actualizada sobre o completo programa de actividades, ten o Facebook de Rianxo en Negro ao seu dispor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.