Reunión entre representantes do sector mar-industria e o alcalde de Ribeira pola reforma do regulamento de Costas

08 Novembro 2019

Representantes do sector do mar-industria alimentaria mantiveron este mediodía unha reunión co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, co obxecto de expresar a súa preocupación ante o borrador do proxecto de reforma do Regulamento Xeral de Costas.

A devandita xuntanza enmárcase nunha ronda de contactos que estas organizacións están a manter cos rexedores de concellos costeiros galegos nos que existe unha maior presenza deste sector para que teñan unha mellor compresión da situación existente, así como para recadar os apoios dos entes locais como partes prexudicadas por un proxecto de reforma que está en curso e ao que o sector está alegando.

Ao encontro asistiron o presidente da Asociación Galega de Depuradores e Comercializadores de Molusco (Agade), Roberto Fariña; Jordi Trías, en representación do Clúster de Acuicultura; o presidente da Federación Galega de Confrarías e patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez; e o asesor xurídico Fernando Otero.

En días anteriores mantiveron entrevistas cos rexedores de Camariñas, Muxía, Carnota e Cervo. Ademais, proximamente teñen previsto celebrar máis reunións con outros gobernantes locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.