Renacer celebra o 30 de novembro a súa cea benéfica

04 Novembro 2019

A Asociación Renacer, con sede principal en Ribeira e centrada en promover entre a xuventude hábitos saudábeis (facendo labor de sensibilización e información en contra das drogodependencias nas súas moitas manifestacións), vai organizar o vindeiro 30 de novembro, sábado, a súa cea benéfica anual. A cita será ás 21.30 horas no restaurante Baiuca.

O obxectivo da entidade é “seguir sumando fondos para continuar coa liña de traballo que se desenvolve en Renacer dende o ano 1990” ao tempo que se reforza a vertente máis innovadora da entidade, a relacionada co labor de reinserción, a educación sexual e a sensibilización en materia de novos tipo de adiccións: aos xogos en liña, ás novas tecnoloxías, ás apostas deportivas, etc.

As entradas poden adquirirse no local social da asociación, situado na rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A, na Farmacia Fernández de Sanmamed ou facendo un ingreso na conta que a entidade ten en Abanca (coa referencia, no asunto, á cea benéfica de Renacer). O prezo da cea é de 40 € por persoa. No caso de non poder asistir pódese facer un ingreso especificando “Fila Cero”. Renacer tamén engade que os establecementos comerciais tamén poden colaborar mediante doazóns de produtos para o sorte que se vai celebrar no transcurso da gala benéfica.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.