Proxéctase o vídeo da reconstrución de José Enrique Abuín do crime de Diana Quer

22 Novembro 2019

Na sesión de hoxe proxectouse o vídeo da reconstrución de José Enrique Abuín do crime de Diana Quer, segundo a versión dos feitos do acusado. Asegura que a noite do asasinato estaba roubando gasóleo dos camións dos feirantes da rúa Venecia, cando apareceu a moza madrileña e que, ao verse descuberto, agarrouna polo pescozo e matouna.

A continuación, sempre segundo a versión de Abuín, introduciu o corpo na parte traseira do vehículo para dirixirse á nave de Asados. Ademais, detalla como levantou a arqueta do pozo onde posteriormente depositou o corpo de Diana. Do mesmo xeito reproduce como lastrou o corpo da súa vítima.

Os axentes que lle seguiron os pasos ao procesado cren que mente e manifestan que, aínda que o acusado non confesara, atoparían o corpo da moza, xa que “cometeu un erro grave que foi ensinarlle a unha persoa o lugar a onde trasladou a Diana e incluso o pozo onde a arroxou.”

Tamén se apuntou que “baixar por esa escaleira sen luz é practicamente imposible”, en relación á que se atopa na nave de Asados e que conduce ao soto do pozo no que permaneceu Diana case 500 días.

Así mesmo, os axentes que se ocuparon da inspección ocular do vehículo do único procesado contaron que localizaron unha brida e un rolo de cinta, así como unha saba no maleteiro, que foi limpado.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.