Primeira feira do automóbil híbrido e eléctrico en Ribeira

07 Novembro 2019

A asociación de empresarios de Ribeira presentou a primeira feira do automóbil híbrido e eléctrico que terá lugar os días 15, 16 e 17 na praza de España. O presidente da entidade, Francisco Martínez, mostrouse moi ilusionado coa posta en marcha desta iniciativa, « pioneira na zona», ante o gran cambio que se prevé nos vehículos para loitar contra a contaminación.

O acto contou tamén coa presenza do concelleiro de Comercio, Ramón Doval, e o directivo da asociación Juan Martínez. O portavoz do Concello felicitou á asociación por poñer en marcha unha iniciativa nova e ao mesmo tempo necesaria. Doval comentou que a intención das autoridades locais é que esta feira teña continuidade nos próximos anos e converter a capital barbancesa nunha referencia na mostra deste tipo de vehículos para que o público poida coñecelos e saber como funcionan e tamén os prezos.

Presentación da feira de coches híbridos . Cedida

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.