Participantes nos talleres de memoria de Ribeira visitan a mostra O labor en silencio

07 Novembro 2019

Unha vintena de ribeirenses participantes no obradoiro de estimulación cognitiva enmarcado no Programa de Dinamización dos Nosos Maiores acudiron á Sala Museo Municipal de Ribeira para visitar a exposición O labor en silencio, a cal plasma a través de medio cento de fotografías o papel da muller no mundo laboral ao longo do século XX.

A citada visita adscríbese á intención por parte das persoas docentes de traballar cos maiores sobre do rol da muller e o labor a mediados do século pasado, tomando como referencia a mostra de instantáneas.

A exposición permanecerá aberta ata finais de novembro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.