Papar sen cancelas recala no Elma

28 Novembro 2019

A mestura de comedia e teatro chega o domingo 1, ás 19.00 horas, ao Elma da man de Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, de Culturactiva, con Papar sen cancelas. Trátase dun delicioso espectáculo onde o público terá a ocasión de deleitarse cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Os asistentes poderán presenciar as artes para a cociña cómica de tres chefs preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual.

A entrada é libre e ata completar aforo. Esta actividade enmárcase no bloque destinado a maiores de 16 anos da programación teatral organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.