Oito pezas teatrais representaranse sobre as táboas do Elma

07 Novembro 2019

A Pobra do Caramiñal segue sumando actividades culturais ao seu calendario. Nesta ocasión, a programación focalízase no teatro, subíndose ás táboas do Elma numerosas compañías encargadas de achegar esta rama das artes escénicas a través das súas diversas obras. Ademais, as pezas teatrais clasifícanse en dous grandes bloques: para maiores de 16 anos e para público infantil e familiar. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a técnica da mesma área, Fita Sanisidro.

A edil Patricia Lojo destacou que “o teatro é unha expresión corporal, onde fai que se cre unha simbiose especial entre o actor e o espectador. A través del, se traballan moitísimos sentimentos e se crea un ambiente onde se tratan temas moi importantes, quizás a través do humor, pero sempre cunhas mensaxes profundas para a vida dos cativos e dos maiores.”

Na súa intervención, a técnica de Cultura manifestou que para o público familiar e infantil “temos unha mestura tanto de teatro como de xogo con música, maxia e humor; ou ben títeres para os máis pequenos.”

O bloque da programación destinada a maiores de 16 anos arranca o domingo 10, ás 19.00 horas, con A compañeira de piso, de Contraproducións, a cal trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Continúa o domingo 17, ás 19.00 horas, da man de Fulano, Mengano e Citano con A louca historia de Galicia, levando aos espectadores por tódolos períodos de luz e de sombras, ata, ás veces, de apagón total, que fixeron dos galegos o que somos.

Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, de Culturactiva, presentan Papar sen cancelas ás 19.00 horas do domingo, 1 de decembro. Un delicioso espectáculo onde o público terá a ocasión de deleitarse cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua.

Afiando con humor recala da man de Sergio Pazos o domingo, 8 de decembro, ás 19.00 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral baseado nos afiadores, onde se pretende dignificar, recuperar e falar da súa vida.

Finalmente, Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez achegan Tres vellas (polo menos) o domingo, 15 de decembro, ás 19.00 horas. No repertorio dos tres hai moitos contos que foron relatados por vellas, a quen llos narraron outras.

Por outra banda, terán lugar as pezas teatrais dirixidas a un público infantil e familiar, as cales se adscriben ao Nadal Cultural. Teatro Ghazafelhos representa Rubicundo o xoves, 26 de decembro, ás 18.30 horas. Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abrindo a posibilidade de perseguir os soños sen sentir fronteiras.

O venres, 27 de decembro, ás 18.30 horas, Culturactiva presenta a Félix Rodríguez e Fran Rei en Saaabor! Trátase dun espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

Por último, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza recala da man de Xanela do Maxín ás 18.30 horas do luns, 30 de decembro. Deste xeito, acompañarase a este mamífero na súa investigación pola granxa co obxectivo de coñecer que animal dos que viven alí lle fixo semellante agravio.

A entrada a todas as citas é libre e ata completar aforo. As actividades están organizadas pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.