Os socialistas de Ribeira propoñen a consecución dunha propia Autoridade Portuaria

08 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE levará a pleno unha proposición relativa a que Ribeira conte coa súa propia Autoridade Portuaria, manifestando que o seu peirao constitúe unha das unidades económicas e de prestación de servizos “máis importante da Comunidade Autónoma.” Neste senso, sosteñen que ten que aspirar a ser “un modelo de competitividade, eficiencia e sostenibilidade en todas as súas actividades, instalacións e servizos” baseándose en que debe estar conectado no relativo a diversos aspectos; ser innovador, integrado nun ecosistema do coñecemento, transferencia, I+D, emprendemento e accións comerciais diferenciadoras; ser verde, promotor da protección e conservación do medio marítimo e costeiro; e ser inclusivo, enfocado nas persoas e implicando na formación das novas profesións, a cohesión produtiva dos sectores vinculados co mar e as actuacións de innovación social.

Os socialistas apuntan a que o obxectivo radica en xestionar estas infraestruturas e garantir a fiabilidade dos servizos para contribuír á competitividade dos seus clientes, así como crear valor engadido para a sociedade, “nun marco de crecemento azul, asegurando como valores fundamentais a calidade de todos os seus servizos, a Seguridade e Saúde no Traballo, o respecto polo medio ambiente, a integridade e honestidade no desempeño profesional e nas relacións cos grupos de interese e mellora continua, na integración do porto coa cidade de Ribeira.”

Así mesmo, engaden que, na sesión plenaria de xullo de 2018, o seu grupo municipal suxeriu á corporación que Ribeira tivese a súa propia Autoridade Portuaria dentro da entidade de Portos de Galicia.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE local require que o pleno inste ao Goberno galego para que se dirixa ao central, co propósito da consecución da Autoridade Portuaria de Ribeira, “integrando este ente nunha posible futura Autoridade Portuaria da Ría de Arousa, suxeita a coordinación e control de eficiencia que corresponde ao Organismo Público Puertos del Estado, órgano dependente do Ministerio de Fomento e que ten atribuída a execución da política portuaria do Goberno”, sinalando como precedente o exemplo de integración realizado co porto de San Cibrao no de Ferrol, creándose a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.