Os socialistas de Ribeira piden que se arranxen as filtracións de auga no cemiterio de Palmeira

06 Novembro 2019

O PSOE de Ribeira que lidera José Vilas vén de presentar perante o Concello unha petición para o arranxo das filtracións de auga nos nichos da vertente sur do cemiterio de Palmeira, motivadas pola entrada de auga da chuvia e agravadas polos episodios continuos de temporais que estamos a encadear este outono.

Segundo sinala o PSdG local, en días de copiosa pluviometría como os desta semana e a anterior, os panteóns da beira sur do camposanto de San Pedro aparecen asolagados de auga, descoñecéndose, a falta dunha supervisión máis exhaustiva, se a permeabilidade proceda de deficiencias nas paredes ou do teito das criptas.

En virtude do devandito, os socialistas presentaron un rogo para que se proceda á revisión pormenorizada das instalacións e proceda ao arranxo dos elementos, “xa sexan as teitumes ou paredes laterais dos nichos”, para deste xeito achegar o mellor servizo posíbel ás veciñas e veciños titulares das sepulturas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.