Os socialistas de Ribeira formularán preguntas en pleno relativas ás obras na rúa Insuabela

13 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

Unha serie de cuestións sobre a actuación desenvolvida na rúa Insuabela, na parroquia de Aguiño, serán presentadas no pleno de Ribeira por parte do grupo municipal do PSdeG-PSOE.

Segundo os socialistas, as obras na citada vía “teñen tintes de estar xa rematadas, tras unha boa renovación de servizos, colocación de bordillo, pavimentación de aceras e calzada con aglomerado asfáltico.” Engaden que algúns usuarios sufriron accidentes de tráfico de distinta magnitude “quizás pola velocidade, pola falta de sinalización ou pola falta de pintado da vía pública.”

O grupo municipal precisa que na marxe esquerda, no sentido de circulación, realizáronse unhas xardineiras, as cales sobresaen da beirarrúa, co obxectivo colocar árbores ou plantas.

Por todo o exposto, farán as seguintes preguntas: “1.- Sr. Alcalde, cal é motivo de que na calzada non estea pintada a zona de rodadura, e aparcamento? 2.- A falta de sinalización vertical, e horizontal na vía, provoca que algúns ‘despistados’ vaian en sentido contrario. Poden colocarse os sinais oportunos? 3.- Vanse a plantar as árbores nos lugares habilitados ao efecto? 4.- Estas carencias sinaladas, non estaban no proxecto de obra? 5.- Porqué non se remataron as beirarrúas na marxe esquerda entrando, con muros de bloque de formigón que afean, e obstaculizan a calzada?”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.