Os populares solicitaron o voto da veciñanza de Ribeira

08 Novembro 2019
Cedida

O Partido Popular ofreceu na noite de onte un mitin na carpa multiusos de Ribeira, contando coa participación do alcalde ribeirense, Manuel Ruiz; a conselleira de Política Social na Xunta de Galicia, Fabiola García; e a primeira tenente de alcalde de Ribeira e candidata número 6 ao Congreso pola provincia da Coruña, María Sampedro.

Así, os tres oradores solicitaron o voto para o Partido Popular e para que Pablo Casado se converta no próximo presidente do Goberno central, ademais de “desbloquear unha situación no que o Executivo estatal con Pedro Sánchez se converteu no maior moroso con Galicia con 700 millóns de euros pendentes de percibir por parte da Comunidade Autónoma.”

No acto tamén estivo presente o noiés Julio Bustelo, candidato número 5 pola provincia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.