Os forenses cren que a brida foi a arma homicida no crime de Diana Quer

21 Novembro 2019

Na sesión de hoxe do xuízo polo crime de Diana Quer, o xefe do Servizo de Patoloxía do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), José Blanco Pampín, explicou a localización, nunhas fotografías da Garda Civil, dun edema na parte íntima da moza madrileña, motivado como causa de agresión sexual: “o edema é idéntico ao que se aprecia noutras vítimas vivas. Idéntico. E ademais está descrito que isto sucede, por exemplo, entre outras cousas, co trauma obstétrico, con relacións sexuais non consentidas practicadas de forma violenta.”

Ademais, os forenses expuxeron que o que máis lles parece “razoable, con moito” é o estrangulamento con brida. A clave está na lesión sufrida no óso hioides, na garganta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.