Os concelleiros do BNG pobrense toman posesión da súa acta

08 Novembro 2019

A Pobra do Caramiñal celebrou na tarde de onte un pleno extraordinario no que o primeiro punto da orde do día foi a toma de posesión dos novos concelleiros do BNG local. Así, Xabier Santos e Amparo Cerecedo, quen tamén será voceira, convértense nos edís da formación nacionalista.

A continuación, abordouse o asunto da modificación fiscal da ordenanza número 23 reguladora da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos. A voceira de Nós Pobra, Charo Varela, explicou que se debe a que o municipio se subscribiu ao convenio con SOGAMA, supoñendo unha redución na factura do 10%, polo que “debe ter unha repercusión directa aos usuarios e usuarias do servizo.” O punto foi aprobado por unanimidade.

Outra das cuestións a tratar foi a modificación da ordenanza fiscal número 20, reguladora da taxa polo servizo dos sumidoiros, e número 7, reguladora da taxa polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable. A portavoz Charo Varela expuxo que foi a propia empresa a que solicitou a actualización. Isto saíu adiante cos votos favorables de Nós Pobra, PP e PSdeG-PSOE, así como a abstención do BNG.

O quinto punto foi o relativo a un crédito extraordinario 3/2019 que permita a adquisición do local do antigo restaurante O Lagar. O voceiro do PP, Manuel Durán, pediu que se retirase da orde do día pola “falta de información.” Pola súa parte, a voceira do BNG, Amparo Cerecedo, manifestou que “nos colle por sorpresa que se pida a retirada”, pero que coincidían “bastante” nas argumentacións para falar sobre este tema. Ademais, precisou que, da memoria facilitada, “nos faltan datos” sobre o uso e a compra. Finalmente, o tema retirouse da orde do día.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.