Os colexios electorais estarán habilitados o 10-N para o voto de persoas con discapacidade intelectual

06 Novembro 2019
Cedida

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, visitou esta mañá o Centro de Atención Integral Amicos e supervisou o proceso de adaptación dos 94 colexios e as 134 mesas electorais do partido xudicial de Noia, mediante o cal se posibilitará que poidan exercer o seu dereito a voto ao redor de 7.000 persoas con discapacidade intelectual censadas nesta área.

Acompañada pola vicesecretaria da Delegación do Goberno de Galicia, Eva Vázquez; a presidenta da Asociación Amicos, Esther Vidal; a vicepresidenta, Digna Iglesias; o director xeral, Xoán España; e Marcelino Romero e Manuel García, usuarios da entidade; a subdelegada do Goberno valorou de maneira moi positiva a pioneira experiencia desenvolvida o pasado 26 de maio no colexio electoral situado no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Pazos-Comoxo, no municipio de Boiro, onde votaron ao redor de media centena de persoas con discapacidade intelectual das oitenta que naquel momento tiñan esa posibilidade.

Neste senso, insistiuse na necesidade de continuar traballando para acadar a igualdade que establece a lei, de tal forma que tanto a Subdelegación do Goberno na Coruña coma a propia Delegación do Goberno aceptaron o reto de seguir participando activamente no proxecto piloto posto en marcha pola Asociación Amicos, confiando en que nas próximas eleccións sexan xa o Ministerio de Interior e o Ministerio de Política Territorial os que poidan regular este proceso.

Cedida

O domingo electoral situaranse na entrada dos 94 colexios electorais do partido xudicial de Noia pictogramas informativos que indicarán as distintas mesas electorais e marcarán a actividade nas cabinas de votación, a mesa de papeletas e as propias mesas onde se vota. Deste xeito, aportarán información sobre os horarios, a secuencia para garantir o voto secreto, a selección e introdución das papeletas nas urnas e a secuencia explicativa para exercer o voto en urna, ademais da indicación das urnas do Congreso e Senado. Tódolos pictogramas están avalados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, así como a Secretaría de Estado de Servizos Sociais.

O proceso, que sigue sendo pioneiro en Galicia aínda que non único, facilitará a participación das persoas con discapacidade con dereito a voto e será aproveitable na súa aplicación para persoas maiores, facilitando a comprensión dos pasos para exercer o sufraxio nas mesas electorais dos concellos comprendidos no partido xudicial de Noia.

Cedida

Os colexios electorais atópanse distribuídos por Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. A Asociación Amicos foi a encargada de preparar o manual e material necesario para a adaptación dos locais e mesas electorais, mentres que a Subdelegación do Goberno asumiu o custo de envío da documentación aos concellos do partido xudicial. Así mesmo, a iniciativa conta co apoio da Xunta Electoral de Zona de Noia.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.