Oito persoas testificaron na segunda xornada do xuízo polo crime de Diana Quer

13 Novembro 2019

Ao longo desta mañá desenvolveuse a segunda xornada do xuízo polo crime de Diana Quer. Se onte declararon o acusado José Enrique Abuín, alcumado o Chicle, e os pais de Diana, hoxe compareceron a ex-muller e os ex-cuñados de Abuín.

Ata os xulgados de Santiago desprazouse a irmá de Diana Quer, Valeria. Ás portas do edificio xudicial e en compañía do seu pai, Juan Carlos Quer, e da presidenta da Asociación Clara Campoamor, Blanca Estrella Ruiz, a moza afirmou que a forza “dáma miña irmá.”

Unha vez comezou o xuízo, a irmá do acusado, María Jesús Abuín Gey, negouse a declarar. Pola súa parte, Elena Rodríguez, irmá da ex-muller do Chicle, accedeu a responder ás preguntas da fiscal e confesou que non sabía o que sucedeu aquela noite, sostendo que “pediunos por favor que mentísemos, que dixéramos que Rosario ía con el. Eu crinlle. Caíanlle as lágrimas. Dixo que el non fixera nada, que polos antecedentes que o culpaban e eu, a verdade, que o crin.”

Tamén interveu Adrián Castroagudín, ex-cuñado de José Enrique Abuín, asegurando que “ameazábame para que non dixera calquera cousa porque me rompía as pernas ou tal. Dicía iso, pero despois non o facía.”

Outra das persoas que declarou foi Rosario Rodríguez, ex-muller do acusado, quen manifestou que mentira dicindo que saíra con el a roubar gasóleo porque “díxome que dixese que estivera con el esa noite porque o querían culpar de algo que non fixera.” Confirmou que inicialmente creu a versión de Abuín, pero agora xa non. Rosario engadiu que “creo que si, que foi el.”

Así mesmo, Vanesa Rodríguez, ex-cuñada do Chicle, manifestou que no seu día o denunciara por agresión sexual cando ela era menor de idade e que “segues adiante, pero é algo que nunca vas esquecer.”

Ademais, un outrora amigo do acusado, relatou que ían a discotecas, clubs de alterne e institutos, gustándolle especialmente as mozas morenas, delgadas e co pelo longo. Incluso confirmou que lle ensinara o pozo que había no soto e “levantamos a tapa para ver canta auga tiña.” Ás preguntas de se lle contara algo respecto á desaparición de Diana Quer, apuntou que “el dicía que non a encontrarían máis, que marchara de España.” Tamén precisou que José Enrique Abuín “é moi mentireiro.”

Máis tarde, dúas irmás relataron como o Chicle se ofreceu de maneira insistente a levalas no seu vehículo a un bar ao que se dirixían, a pesar de que elas non querían e “eu xa notaba que estaba un pouco pesado.” Segundo sostivo sucedeu o 23 de decembro de 2017, en Boiro.

Finalmente, outra muller contou como na primavera de 2017 o acusado intentou que fose con el e asegurou que “tiña medo.”

O xuízo continúa mañá, xoves 14.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.