O PSdeG-PSOE ribeirense formulará preguntas en pleno sobre os semáforos na rúa Romero Ortiz

19 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

Os socialistas de Ribeira presentarán en pleno dúas cuestións relativas á reordenación do tráfico con semáforos na ribeirense rúa Romero Ortiz. Segundo manifestan, na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de outubro aprobouse por unanimidade a súa proposta en relación ao proxecto de humanización da citada vía, incorporándose a emenda do PP sobre a colocación de dous semáforos, mentres non se acometa a obra, co obxectivo de reordenar o tráfico.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE apunta que nestes días pasados, operarios do servizo de obras do Concello procederon á colocación de sinais de tráfico na praza de Compostela. Engade que un conxunto de dous semáforos “pregables e portátiles” son “ideais para regular o tráfico nas rúas de dobre sentido”, precisando que poden ser adquiridos por aluguer nas empresas de subministro de maquinaria ou por compra por “un módico prezo.”

Por todo isto, fará as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, en vista do exposto, pode dicirnos cal é o motivo da demora en colocar estes semáforos para regular a circulación rodada na rúa Romero Ortíz? 2. Que significa para o Goberno a locución ‘de forma inmediata’.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.