O pleno da Deputación da Coruña aproba un orzamento de 184 millóns de euros para 2020

22 Novembro 2019

O pleno da Deputación da Coruña aprobou cos 17 votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e 13 votos en contra do PP o orzamento da institución provincial para o ano 2020, que ascende a 184.016.500 euros, un 0’22% máis que no presente exercicio.

Ao remate do pleno, o presidente Valentín González Formoso, agradeceu “o espírito construtivo” das propostas de mellora das contas provinciais efectuadas polos diferentes grupos políticos durante a sesión, así como a “corresponsabilidade” dos grupos que votaron favorablemente “uns orzamentos dos que depende en boa medida a capacidade de investimento dos 93 concellos coruñeses e que garanten o apoio a miles de entidades culturais, deportivas, ANPAS, confrarías de pescadores” e moitos outros colectivos sociais e económicos da provincia.

O PP presentou 24 emendas ao orzamento, por importe de 5’8 millóns de euros, que foron rexeitadas cos votos de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños, que coincidiron en destacar que 14 delas son relativas ao financiamento dos centros de menores (Fogar Infantil Emilio Romay e Centro de menores de Ferrol) e educativos (IES Calvo Sotelo e IES Puga Ramón da Coruña) que o Goberno provincial vén demandando desde hai tempo que debe a asumir a Xunta de Galicia, ao tratarse de competencias autonómicas.

Ademais, os portavoces de PSdeG-PSOE e BNG, Antonio Leira e Xosé Regueira, incidiron en que a proposta do PP “recorta nas partidas dalgúns servizos fundamentais”, coma a de Teleasistencia, da que se benefician 2.500 persoas maiores ou dependentes de 89 concellos coruñeses, na que a proposta do PP suporía un recorte de máis do 83% dos fondos, pasando de 720.000 a 120.000 euros. Outras partidas afectadas serían a redacción de proxectos técnicos de estradas ou os servizos de apoio educativo do IES Calvo Sotelo.

O deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro, destacou a importancia de aprobar o orzamento que garanta a correcta xestión dos servizos provinciais, a pesar de que a ausencia de Orzamentos Xerais do Estado “supón numerosas e relevantes incógnitas para os orzamentos das entidades locais.”

Leira subliñou que tódolos investimentos e plans provinciais financiaranse con recursos propios, “mantendo a actual situación de débeda cero” e que a Deputación da Coruña “destinará en 2020 máis de 72’6 millóns aos distintos plans provinciais”, entre os que destacou o Plan Único (POS+2020) cunha dotación inicial de 47’2 millóns de euros destinados a financiar obras e servizos públicos nos 93 concellos coruñeses e o Plan de Emprego Local (PEL), con 9.149.485 euros.

O deputado de Economía salientou que o orzamento seguirá priorizando a Área Social, cun orzamento inicial próximo aos 12 millóns de euros que inclúe programas coma o mantemento dos servizos sociais municipais ou o servizo de Teleasistencia. Leira afirmou que “pretendemos incrementar esta partida e coordinar a súa xestión coa comunidade autónoma e con outras entidades públicas e privadas.”

Pola súa banda, a voceira do PP, Rosa Gallego, expresou “a decepción” do seu grupo cun orzamento “continuista e sen ambición, que recorta os investimentos nun 10’7%” e considerou que “un orzamento debe ser realizable e crible e dar resposta ás necesidades dos concellos.”

Gallego defendeu as 24 emendas presentadas polo Grupo Popular, que inclúen un plan de mellora de infraestruturas deportivas, un plan de camiños rurais e un programa de adquisición de maquinaria de limpeza para concellos, entre outras cuestións.

O voceiro do PSdeG-PSOE, Bernardo Fernández, afirmou que “as súas emendas xa están contempladas nos orzamentos da Deputación. O que non lles gusta é que repartamos os fondos con criterios obxectivos. Queren tratar os concellos como menores de idade, que sexa a Deputación a que decida o fin dos fondos” e explicou que o Plan Único “xa dá resposta a esas necesidades dos municipios”, permitindo que sexan os propios concellos os que decidan as súas prioridades.

Bernardo Fernández detallou que o POS+ xa permitiu a execución de 69 obras en instalacións deportivas nos concellos, con 9.384.587 euros de investimento; 825 obras de acceso a núcleos rurais, con máis de 72’4 millóns de euros; 193 obras do ciclo da auga, con máis de 24 millóns de euros investidos, ou 253.000 euros para adquisición de maquinaria.

Fernández insistiu tamén en que as competencias impropias (mantemento de centros de menores e educativos) supoñen á Deputación arredor de 10 millóns de euros anuais que se investirían nos concellos se estes centros fosen asumidos pola Xunta de Galicia, como esixe o Goberno provincial

No mesmo sentido incidiu o vicepresidente Xosé Regueira, que detallou, un por un, os gastos da Deputación nestes centros e censurou o escaso compromiso económico da Xunta, a pesar de tratarse de competencias autonómicas.

Regueira apuntou que “non se pode facer un orzamento moito mellor” e criticou os recortes que propón o PP nas súas emendas, xa que afirmou que “sacan de mal sitio. Deben comprobar de onde se saca e onde se pon”, lembrando que as emendas do PP supoñen sacar boa parte dos fondos do servizo de Teleasistencia ou deixar só 1.000 euros para a redacción de proxectos de estradas. Neste senso, asegurou que “espero que ningún concello do PP pida unha redacción de proxecto.”

O portavoz da Marea Atlántica, Alberto Lema, considerou tamén que as emendas do PP “limítanse ao que xa está no Plan Único, pero con criterios finalistas” e destacou a necesidade de incrementar nun 20% as achegas do POS+ aos concellos e o investimento na rede de estradas, así como pór en marcha un plan director de vías provinciais para racionalizar a súa titularidade.

Pola súa banda, Ángel García Seoane, voceiro de Alternativa dos Veciños, defendeu a importancia de que haxa un orzamento “para dar servizo aos cidadáns.” García Seoane afirmou que “non se pode bloquear nin boicotear, porque a quen se prexudica é á cidadanía” e demandou tamén un aumento do investimento “nas partidas propias, especialmente nas vías provinciais, a gran materia pendente desta Deputación.”

Outros artigos

“Sete anos non son nada?”. Antón Luaces

Na mencida do 24 de abril de 2017, tres mariñeiros de Poio perderon a vida nun accidente protagonizado pola embarcación de baixura Nuevo Marco. Foi na ría de Pontevedra, e sete anos máis tarde -coma se ocorrese onte- a Xunta informa que comeza a adopción de medidas...

+

Aguiño será sede da ACT o vindeiro sábado día 20 de xullo

Hoxe déronse cita na escultura dos percebes de Aguiño, os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, a xerencia da Mancomunidade Barbanza Arousa, o patrón maior de Aguiño, edís do concello de Ribeira e a xunta directiva da ACT para presentar a proba de remo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay jueces que hacen política”. Manuel Velo

“Hay jueces que hacen política”. Manuel Velo

Hay jueces y líderes del PP que al unísono acusan al legislativo y al gobierno de que no respetan la separación de poderes cuando ellos son los primeros en no hacerlo. La separación de poderes exige lo siguiente. El poder emana de la soberanía del pueblo eligiendo al...

“O virus da indiferenza” – José Manuel Pena

“O virus da indiferenza” – José Manuel Pena

En demasiadas ocasións coméntase que o gobernante e políticos non viven a realidade da rúa e están entre as moquetas dos seus despachos oficiais. Pode ser verdade, pero o peor é que unha gran parte da sociedade civil tamén está allea a esa realidade. Á realidade sobre...