O móbil de Diana perde a conexión na ponte de Taragoña e o de Abuín sitúano na nave de Asados

21 Novembro 2019

Continúa o xuízo polo crime de Diana Quer. Na sesión de hoxe, axentes da Garda Civil afirmaron que a sinal da antena que daba cobertura ao móbil da moza madrileña proba que volvía á casa polo paseo do Areal. A súa posición está determinada en cada momento porque en poucos minutos, Diana escribe numerosas mensaxes, estando conectada á rede continuamente.

No cruce entre O Areal e a rúa Venecia, o móbil da moza comeza a lanzar sinais raros, como se o golpeasen ou o tapasen. Os técnicos cren que foi alí onde se produciu o ataque de José Enrique Abuín, xa que aseguran que “estanse pulsando teclas de maneira errática e ademais ese terminal está sendo obstruído por algo. Algo que se puxo. Puido ser un corpo, dentro dun vehículo. Á vez que se está manipulando o teléfono está sendo ocultado.”

Na ponte de Taragoña, o móbil de Diana perde a súa conexión cando se arroxa ao mar, pero o de Abuín segue ata a nave de Asados, onde apareceu o corpo da moza, lugar no que permanece, como mínimo, máis dunha hora.

Á pregunta “pódese determinar que ás 03.09 o acusado estaba na zona da nave de Asados?”, un axente responde “sen ningunha dúbida.”

A sesión tamén contou co testemuño dun capitán da Garda Civil que apuntou que, unha vez detido Abuín, cando foron ata a nave “non quere avanzar. ‘Por que non queres avanzar? Que é o que hai? Que é o que non hai?’ Di ‘está nunha arqueta que hai aí, non é exactamente un pozo, é unha arqueta. Non quero ir porque teño gravada a cara da nena porque volvín aquí e volvina ver porque vin a comprobar’.”

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.