O Gran Wyoming e a súa banda de rock fan parada en Boiro

05 Novembro 2019

Se ben o Gran Wyoming apenas necesite presentación pola súa faceta como comunicador retranqueiro na TV (dende El Intermedio ou Caiga Quien Caiga), se cadra si que é preciso lembrar que, amais de ser presentador e humorista, o Wyoming foi, é, e será músico de rock and roll e de blues, primeiro na compaña do xa falecido Maestro Reverendo e logo voando en solitario polos ceos da música. Aparte diso, José Miguel Monzón (Wyoming) tamén é actor, director, escritor e médico, pero estas facetas non deberan ter relación, a priori, co concerto que vai ofrecer esta fin de semana en Boiro, na Pousada da Galiza Imaxinaria.

A cita será o venres 8 de novembro ás 22.30 horas. A entrada anticipada sae a 12 euros (pódese mercar en liña) anticipada, e a 15 na billeteira. Wyoming (guitarra e voz) virá acompañado da banda de insolventes cos que se deixa caer pola nosa terra (por exemplo na pasada edición do Festival de Cans), que son Miguel Ariza, guitarra solista e coros, Jose Alberto Solís, baixo, Manolo Villalta, teclado, e Luis de Diego, batería. Todo apunta a que o concerto será un agasallo para os seareiros do rock de raizames clásicas, envolvente e de facetas enérxicas. Como ben saben os que xa tiveron a sorte de escoitalos, Wyoming e os Insolventes adoitan revisitar algunhas das cancións clásicas que máis marcaron cadansúas formacións musicais artísticas, remontándose ás orixes do rock e abordando, tamén, temas de meirande actualidade, sen descartar as homenaxes a Rosendo ou aos galegos Siniestro Total.

Outros artigos

Retirada de cascotes dunha vivenda de Escarabote no concello de Boiro

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro acudiron a Escarabote, no concello de Boiro, polo desprendemento de cascotes posiblemente procedentes do recebo das tellas dun edificio. Os cascotes caeran á beirarrúa e a estrada. Retirouse parte do recebo que estaba en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...