O economista Manuel Blanco Desar presentará o seu libro Fuxir de Proxeria no Lustres Rivas

12 Novembro 2019

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira será escenario o venres 15, ás 20.00 horas, da presentación do libro Fuxir de Proxeria, de Manuel Blanco Desar.

O acto está organizado polo Ateneo Valle-Inclán coa colaboración do Concello de Ribeira a través da Concellería de Cultura. Na evento intervirán a edil de Cultura, María Sampedro, e o presidente da citada entidade, Santos Oujo.

Manuel Blanco Desar (Santiago de Compostela, 1965) é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente de Relatos (USC). Ten publicado en Dorna. Expresión Poética Galega. Ademais, foi colaborador e articulista en diferentes xornais e xunto con outros autores participou no volume colectivo Berra liberdade a prol de Amnistía Internacional.

Entre a súa obra atópase Nos dominios da incerteza. Historias económicas e Una sociedad sin hijos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...