O BNG de Ribeira expresa o seu compromiso co Club de Remo Náutico de Riveira na procura dunhas instalacións “dignas”

14 Novembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

O voceiro e a vice-responsable de acción social do BNG ribeirense, Xosé Vázquez Cobas e Teresa Prol, mantiveron unha reunión de traballo cos adestradores do Club de Remo Náutico de Riveira, Jesús Silva e Sandra Sánchez, co propósito de abordar cuestións relativas ao novo edificio destinado a albergar a sede da entidade deportiva e a futura escola de remo. Vázquez Cobas anunciou o compromiso da formación nacionalista para lograr que sexa unha realidade “o máis axiña posible.” O voceiro manifestou a súa aposta por dotar de instalacións “dignas” que permitan desenvolver a práctica deportiva, así como un “financiamento suficiente.”

O Bloque confirmou que está levando a cabo xestións co goberno municipal para dispoñer dos recursos económicos para a construción do novo edificio do club. Así mesmo, o voceiro agrega que o Bloque “arrancou o compromiso do goberno de levar este asunto ao vindeiro pleno municipal.”

Cobas argumentou que “é compromiso do BNG favorecer os deportes e así o demostramos onde gobernamos, pois desde a Deputación da Coruña tamén realizamos esforzos por dotar de materiais como son as furgonetas ou a adquisición de bateis para estes clubes.”

Ademais, a formación nacionalista defende a necesidade de aumentar os recursos que o Concello de Ribeira destina ao deporte.

Por outra banda, os dirixentes nacionalistas están “orgullosos” do acadado por parte do Club de Remo Náutico de Riveira, pois “están conseguindo éxitos que nos sitúan no mapa e que demostran que neste concello existen deportistas de primeiro nivel neste deporte que se suman aos xa existentes noutros deportes”, esgrimiu Cobas.

Engade que desenvolven un labor “encomiábel” na promoción deste deporte non só entre as crianzas e a rapazada, senón que tamén promoven o deporte entre os maiores de 35 anos, “alén de dinamizaren a vida da parroquia de Aguiño.”

No BNG cren que o labor que realiza este club “a pesar das precarias instalacións que posúe e os poucos fondos dos que dispón fan que sexa de xustiza que teñan unhas instalacións axeitadas nas que poder desenvolver as súas actividades.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...