O BNG comarcal valora os resultados do 10-N

11 Novembro 2019
Xosé Vázquez Cobas, Néstor Rego e Tereixa Novo no peche de campaña en Ribeira. Cedida por BNG

O responsable comarcal do BNG, Luís Pérez Barral, vén de dar a coñecer a valoración da formación respecto aos resultados electorais deste domingo. Pérez Barral manifesta que é “unha boa noticia que o Bloque” volva a ter representación porque, segundo precisa, será garantía de que Galicia exista con “voz propia”, ademais de contribuír a que no Estado “non se produza ningún tipo de involución democrática.” Neste senso, explica que a forza nacionalista estará aí para que se produza “un goberno de progreso”, marcado por “unha axenda galega e con solucións aos problemas do noso país.”

Así mesmo, o responsable comarcal expresa o seu agradecemento a tódolos galegos e galegas que confiaron no BNG, así como á militancia, colectivos, Compromiso por Galicia e persoas “sen o carné do BNG” que co seu voto posibilitaron o retorno deste partido ao Congreso a través de Néstor Rego, quen se presentou como candidato pola provincia da Coruña.

Por outra banda, o Bloque amosa a súa preocupación debido ao peso da “extrema dereita” no novo panorama político, sinalando como responsables ao Partido Popular e Ciudadanos por pactar con Vox “normalizando a un partido xenófobo, racista, machista e antigalego”, así como ao PSOE e Podemos por “non plantarlle cara na campaña electoral contribuíndo ao seu branqueamento.”

Respecto a Vox, Pérez Barral esgrimiu que “hai que desenmascarala e denunciar que non é unha forza política democrática”, enumerando, entre outras cuestións, que “mesmo se atreveu a defender a ilegalización da Xunta de Galiza, do Parlamento de Galiza e do BNG.” Ademais, engade que, se Vox non obtivo representación en Galicia, “foi o escano do BNG o que lle parou os pes.”

O responsable comarcal reitera que o Bloque é unha forza política que “vai a alza e suma”, continuando na senda de “coa man tendida a todos os galegos e galegas que cren que Galiza precisa dunha alternativa como a que representa o BNG” para no 2020, tal e como apunta, “alonxar” da Xunta de Galicia ao Partido Popular.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.