Nova fase do xuizo de Diana Quer. Declaran 3 policias da Pobra

19 Novembro 2019

Sobre as 9,30 da mañá comenza nos xulgados das Fontiñas, en Santiago, a sexta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer que encara a recta final.

Hoxe coa presentación das probas periciais que incriminan o único procesado, Jose Enrique Abuín, alcumado O Chicle. Nesta nova fase declararán ata o xoves dous testemuños sobre a identificación do vehículo captado polas cámaras dunha gasolineira, tres policías locais da Pobra do Caramiñal, cinco forenses e un grafólogo.

Onte declararon os gardas civís que participaron no levantamento do cadáver. Explicaron con detalle os indicios que atoparon no interior do pozo onde estaba o corpo. Coas súas explicacións, os axentes tamén desmontaron parte da versión que deu o acusado sobre o que ocorreu a noite do 22 de agosto de 2016 na nave de Asados en Rianxo.

Os Gardas Civís confirmaron que pra moverse pola nave en plena noite, sen ningunha luz, fai falta coñecela moi ben. O propio acusado deulles indicios diso cando sinalou o lugar onde agochara o corpo de Diana. A vista continúa esta mañá coa análise de varios informes incluídos na causa.

Xuizo Diana Quer

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.