Nova alerta laranxa por temporal costeiro

12 Novembro 2019
Ondas no peirao de Corrubedo

Os temporais non dan descanso estes días na costa galega. Hoxe mesmo a Xunta (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior) activou a alerta laranxa nas provincias da Coruña e Lugo, en cuxo litoral vólvense agardar ondas de 5 a 6 metros, logo dos episodios adversos análogos da sema pasada. O aviso acompáñase (hoxe tamén) dunha alerta amarela por chuvias intensas en A Coruña e Lugo (as precipitacións poderían chegar aos 50 mm recollidos en menos de 12 horas). A borrasca terá especial intensidade a partir das 12.00 horas de hoxe no noroeste, oeste e sueste da Coruña e na costa de Lugo.

Unha vez máis, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas (fóra do abrigo das rías e das contornas portuarias, principalmente) e, no que se refire a actividades de lecer, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. A Xunta lembra a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.