López Marqués ofrecerá unha charla sobre os Nobel de Literatura en lingua hispana

08 Novembro 2019

O profesor de Lingua e Literatura Española, Xabier López Marqués, impartirá o xoves 14, ás 20.00 horas, unha conferencia no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. A intervención versará sobre os premios Nobel de Literatura en lingua hispana, servindo tamén de clausura da exposición bibliográfica homónima que está presente na Biblioteca Municipal desde o 1 de outubro.

A mostra exhibe obras dos once galardoados en lingua española: José Echegaray, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre, Camilo José Cela, Gabriela Mistral, Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Gabriel García Márquez, Octavio Paz e Mario Vargas Llosa, así como carteis conmemorativos con textos de cada un dos citados escritores.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.