JJ Chicolino márcase un tanto en resistencia coa súa corda tiburón

14 Novembro 2019

A empresa boirense JJ Chicolino, referente en miticultura (o cultivo do mexillón), pesca e acuicultura, está a poñer o foco este novembro nunha das grandes estrelas do seu catálogo recente: a súa corda con paus de plástico tiburón, que destaca pola súa gran resistencia e durabilidade. Segundo explica a empresa nun plano máis concreto, trátase de cordas empalilladas na propia planta de Boiro cunha máquina de nova xeración e que son fabricadas con redes de pesca seleccionadas para acadar a máxima fortaleza ante o uso continuo, as mellores características e máis óptimo agarre no cultivo do mexillón. Os “palillos tiburón” que inclúe van incorporados nos cabos con medidas exactas ao longo do mesmo.

Este elementos, que se vende tamén por separado, poden ser substituídos en calquera momento co fin de renovar o aparello ou para permitir tamén ao propio cliente a oportunidade de fabricarse as súas propias cordas. O do nome “palillo tiburón”, segundo explica a empresa boirense, débese á súa gran semellanza coas aletas destes depredadores mariños: “A súa función é facer que no momento en que entran na corda se agarren a ela, á propia corda, dunha maneira que lle sexa imposible saír”. Os paus plásticos salientan tamén porque evitan desprendementos e facilitan a fixación do mexillón. “É totalmente flexible e non se pode romper”, engade a empresa, emprazada no Parque Empresarial de Espiñeira.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...