Henrique Komatsu colle en novembro o fío das actividades de Axóuxere

12 Novembro 2019

O selo editorial Axóuxere, con sede en Rianxo, é este outono unha casa aberta onde flúe o coñecemento e onde todo está disposto (o que se ve, o que non se ve) para que a comunicación sexa dinámica e continua. Baixo esta arela insírense asactividades públicas que a editorial está a levar a cabo entre os meses de outubro e decembro deste ano. Logo dos encontros coa filósofa galega Raquel Ferrández, é a quenda de escoitar o que nos ten deparado o escritor brasileiro Henrique Komatsu, ao que seguirá a escritora libanesa Joelle Saliba.

Para quen non o saiba, Raquel, Hernrique e Joelle son residentes este outono na casa de Brión (Rianxo), ao abeiro do programa de residencias de escritoras/es e pensadoras/es que a Axóuxere organiza xunto coa Deputación da Coruña e máis o Concello de Rianxo.

Un recanto da residencia de Axóuxere en Brión

Respecto das actividades vindeiras de Henrique Komatsu, ofrecerá un obradoiro de literatura, A escrita como forma de resignificar a realidade, entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Amais, o escritor brasileiro engadirá ao devandito obradoiro a conferencia O ensaio e a resignificación da realidade, o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca.

Segundo informan Axóuxere e o Concello, a participación nos obradoiros é de balde pero faise preciso inscribirse previamente. Para inscribirse hai que enviar un correo a info@axouxerestream.com co asunto “Inscrición ao obradoiro de Henrique Komatsu / Joelle Saliba”, segundo corresponda. Ou ben chamar aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 650 843 761, 21 de novembro para o de Henrique Komatsu e 28 de novembro para o de Joelle Saliba.

Máis sobre o autor

Henrique Yuichi Komatsu (Brasil) foi seleccionado este ano para a residencia de Axóuxere por un proxecto de escrita poscontemporánea, na liña de autores como Lydia Davis, Donald Barthelme ou Pierre Bettencourt, que camiña nas marxes do expresábel, transitando a borda na que a linguaxe tenta falar do tecido do real, “con toda a súa imprecisión e borrosidade”, en palabras do comité.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.