Este venres o audiovisual en galego celebra a súa gran festa youtubeira

28 Novembro 2019

Este 29 de novembro será unha das noites máis relevantes do ano en materia de audiovisual en galego nas redes. Estamos a falar da celebración da gala final da terceira entrega de Youtubeir@s, que virá acompañada dunha chuvia de premios (aos que aspiran 27 finalistas dos 252 vídeos e canles participantes) ás mellores contribucións a este proceso común de encher as redes sociais, poñendo o foco no YouTube, de contidos na nosa lingua. Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián encargaranse de animar o broche de ouro do certame, co-impulsado polo Concello de Rianxo, que se celebra a partir das 20.00 h no Teatro Principal de Santiago.

A actriz Patricia de Lorenzo encargarase de conducir a cerimonia, para a que se transformará en Isaura, a súa coñecida personaxe na peza teatral Fillas Bravas do Grupo Chévere, mentres que Manu TF ocuparase de poñer a música e Iria Fafián elaborará en directo un gran graffiti para celebrar o final desta terceira edición de Youtubeir@s, iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

Como dixemos, nesta terceira convocatoria rexistráronse un total de 252 inscricións, entre vídeos e canles participantes, o cal se traduce en que en máis de 1.000 minutos creados en galego e incorporados ao de YouTube este último ano. Ademais, constátase un aumento na participación, que pasou das 202 inscricións de 2017, ano en que se celebraron os primeiros premios, ás 252 desta edición, que aspiran a uns galardóns divididos en nove categorías e cunha dotación económica total de 6.500 euros.

Finalistas por categorías

· Categoría de vídeo-facermos:

A palabra máis fermosa do galego (pesadelo antes do 17 de maio) – Aquele

O mellor arroz con leite (de Cunqueiro) – A lobeira today

O radon: malos modais para un gas nobre – Aarón Vilariño

· Categoría de vídeo-opinarmos:

O discurso heteropatriarcal – Olaxonmario

As entrañas do Luar (con Laura Cruxeiras) – Aquel-e

Como se foma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas

(Praia das Catedrais) – Xacobo de Toro Cacharrón

· Categoría de vídeo-cantarmos:

O queimaserebros – Blanca e Tinta.

Os novos-Quero Fugir -Aaron Vilariño

Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.

· Categoría de canle:

Olaxonmario

Aquel-e

Xacobo de Toro Cacharrón

Categoría de creatividade:

Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films

O Xardineiro dos ingleses | Booktriler – Aarón Vilariño.

Como calcular o tamaño da Terra – Aarón Vilariño

Categoría de eficiencia comunicativa:

A nosa historia de superación – Familia Vázquez TV

Halitose ou mal hálito – Clínica Médico Dental Padiñas

Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.

Categoría de calidade técnica:

Que nos pille rebolando – Aquel-e

Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films

Os novos-Quero Fugir – Aarón Vilariño

Categoría de calidade lingüística:

A morte – Memorias da Pontragha

21 días improvisando – A Rabela

OrientaConsello-14.O posto de ordenanza – Down Galicia

Categoría de proposta youtubeira:

Flow do Toxo -Flow do toxo

A substitución lingüística – Olaxonmario

Cousas que non me gustan de Youtube – A Lobeira Today

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.