Cinco homes e catro mulleres xulgarán a ‘O Chicle’ polo asasinato de Diana Quer

11 Novembro 2019

O xuízo polo asasinato de Diana Quer xa ten xurado popular. Cinco homes e catro mulleres serán os encargados de analizar as probas para determinar o grao de culpabilidade nos feitos do único acusado, José Enrique Abuín, alias ‘O Chicle’.

Tras contar co mínimo de candidatos esixido por lei, as partes tardaron pouco máis dunha hora en realizar as entrevistas para elixir aos 9 titulares e dous suplentes deste xurado.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou hoxe da constitución deste órgano xudicial, algo que resultou posible a pesar das alegacións presentadas durante a xornada por motivos médicos, de estudos, coñecemento da familia da vítima e ser xurado en anteriores ocasións.

Hai dúas semanas, o proceso tivo que anularse despois de que as escusas presentadas por varios dos preseleccionados non alcanzasen o mínimo de 20 candidatos esixidos para realizar esta selección. Nesta ocasión, con todo, non houbo contratempos e o xuízo poderá iniciarse este martes.

Xulgados de Santiago

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...