Chega a Ribeira este venres a historia de Elisa e Marcela

28 Novembro 2019

Prosegue a Mostra de Teatro de Ribeira, este venres 29, logo do éxito de A compañeira de piso (Contraproducións) e Carpe Diem (de Producións Excéntricas e dirixida polo ribeirense Quico Cadaval). A recta final do festival escénico, un referente a nivel galego nas artes escénicas, ten deparados aos seareiros locais do teatro varios pratos fortes. O primeiro deles chega este venres e trátase da historia de Elisa e Marcela, a cargo da agrupación A Panadería.

A obra cóntanos unha historia moi galega e, ao mesmo tempo, moderna, innovadora e esnaquizadora de clixés: a historia de dúas mulleres da nosa terra que a comezos do século XX xuntan forzas para plantarlle cara ao mundo e deciden casar na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home.

O argumento, a partir de aí, é unha crónica de persecucións, fuxidas, cambios de identidade e informacións manipuladas. O ton imprimido por A Panadaría, a diferenza do recente filme sobre os mesmos acontecementos, que se emprazaba directamente no drama, é de comedia musical: “Unha comedia musical onde o verídico parece invento”.

A dirección corre a cargo de Gena Baamonde e o texto é de A Panadaría e Gena Baamonde. A creación e a interpretación é de Areta Bolado, Noelia Catro e Ailén Kendelman.

A obra representase no Auditorio de Ribeira, como de costume a partir das 21.30 horas.

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.