Catro compañías de teatro afeccionado daranse cita en Aguiño

05 Novembro 2019
Cedida

A parroquia ribeirense de Aguiño acollerá a undécima edición da Mostra de Teatro Afeccionado Francisco Lorenzo Mariño do 9 ao 30 de novembro. Nesta ocasión, compañías procedentes de Narón, Melide, Pedrouso e Cuntis serán as encargadas de achegar esta rama das artes escénicas a través das súas diversas obras.

Esta cita tamén conta cun fin solidario porque este ano, seguindo o curso de edicións pasadas, recadaranse fondos a favor da Asociación TDAH Comarca do Salnés, na súa delegación de Barbanza e con sede na Casa da Cultura da localidade.

O Aturuxo de Melpómene levará a escena Algo pasa con Paco o sábado 9; Charamela con Pode ser calquera… o sábado 16; Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña con Defectos de fábrica o sábado 23; e Chumpá Teatro con Intocables. A comedia o sábado 30. Ademais, tódolos espectáculos se celebrarán ás 20.30 horas no Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, sendo a entrada de balde ata completar aforo.

Desde a organización animan á veciñanza a asistir, a cal “constitúen xa un público fiel deste evento e agardan por esta celebración que dende o seu comezo en 2009 se ven celebrando nos sábados de novembro.”

Esta mostra conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira e a Deputación da Coruña, así como diversas empresas e entidades.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.