Cabo de Cruz celebra anticipadamente o seu fin de ano

28 Novembro 2019

A concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, anunciou que unha pequena asociación que se está formando por parte de veciñanza de Cabo de Cruz organiza unha festa para celebrar anticipadamente o fin de ano. Así, a praza do Lorcho dará cabida o domingo 1, desde ben cedo, a esta festividade que inclúe badaladas, cotillón, uvas, música e baile, entre outros.

Preténdese así facer algo diferente e dinamizar as parroquias do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...