Boiro reforzará o cadro de persoal do servizo de limpeza

07 Novembro 2019

O Concello de Boiro está levando a cabo un proceso de selección para a contratación de traballadores para o servizo de limpeza. Nos últimos días, recibíronse demandas por parte de veciñanza de diversos núcleos do municipio pola falta de persoal neste ámbito. Neste senso, desde o Concello apuntan que a razón da ausencia de traballadores radica na finalización do contrato dalgúns operarios deste departamento, unido á baixa prolongada doutros traballadores do mesmo servizo.

Así, afirman que para facer fronte a esta situación estase trasladando, en días alternos, a persoal encargado de facer a limpeza no casco urbano aos lugares máis afectados, os cales son Cabo de Cruz e Escarabote, para realizar as tarefas de mantemento necesarias. Ademais, os membros de Protección Civil efectúan labores de limpeza para mitigar esta situación.

Por todo isto, estase ultimando a lista de contratación de peóns que permitirá a incorporación de novos traballadores e a normalización do servizo en tódolos núcleos do municipio.

Desde o Concello de Boiro lamentan as molestias e os problemas derivados desta situación, especialmente, en Escarabote e Cabo de Cruz cunha ausencia de persoal máis acusada, e agárdase poder normalizar canto antes o servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.