Boiro Novo solicita medidas urxentes para garantir a seguridade nos accesos ao CEIP de Escarabote

07 Novembro 2019

A agrupación Boiro Novo, liderada por Dores Torrado Ares, vén de presentar unha moción, con vistas a ser debatida e aprobada no seguinte pleno, para a realización inmediata e urxente de actuacións que melloren a seguridade viaria e a accesibilidade na estrada de acceso ao CEIP de Escarabote.

Entre os motivos que se esgrimen para o desenvolvemento dos arranxos figura a necesidade de garantir un tránsito seguro para o alumnado especialmente nos intres de saída e de entrada dos escolares, unha necesidade que debe ser extensíbel a todos os centros educativos do concello, sinala Boiro Novo.

Amais do devandito, a agrupación política local reflicte as demandas da comunidade educativa do CEIP de Escarabote (ANPA e profesorado), cuxos integrantes levan tempo solicitando actuacións prioritarias na contorna das instalacións do centro de ensino que “garantan a seguridade e accesibilidade ao centro”, especialmente nos devanditos momentos de máis fluxo de persoas e vehículos.

Por outra banda, Boiro Novo lembra que “na lexislatura anterior, o noso grupo municipal xa demandou en reiteradas ocasións estas actuacións, que non foron executadas, polo que consideramos que estas obras deben ser prioritarias neste novo mandato”.

Por este motivos, solicitan a construción dun novo treito de beirarrúas que conecte a existente coa entrada ao recinto escolar; a instalación dunha pasarela cuberta dende o portal de acceso exterior á zona de aulas, para facilitar a entrada do alumnado e as súas familias sen mollarse; realizar melloras de seguridade viaria como é o pintado dos pasos de peóns, sinalización de zonas habilitadas para o estacionamento e o reforzo de puntos de luz na contorna do centro de ensino”. Asemade, o grupo que lidera Dores Torrado pon o foco na urxencia de levar a cabo medidas que aseguren a accesibilidade integral ao recinto escolar, como sinalar unha praza de reserva de aparcamento para persoas con diversidade funcional “o máis próxima posible á rampla existente neste centro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.