Boiro acollerá a XV Carreira Popular ‘Mar de Boiro’-13º Memorial Pepe Buceta

27 Novembro 2019

Unha nova cita deportiva chega esta fin de semana. Así, este domingo 1 celebrarase a XV Carreira Popular ‘Mar de Boiro’-13º Memorial Pepe Buceta, a cal se enmarca na cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2019 e no sétimo Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Así o deron a coñecer esta mañá o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o técnico do departamento de Deportes, Manuel González; e o director deportivo de Barbantia Roda, José Navarro.

A proba consta de tres distancias distintas: as carreiras Mini e Supermini, de 200 metros, ata os 7 anos; a carreira curta, de 2.500 metros, para escolares; e a carreira longa, de 10.000 metros, para a categoría xeral. A carreira longa sairá as 11.00 horas da rúa Principal, onde se fará o corte da cinta, percorrendo a avenida de Compostela dirección praia Xardín, o paseo marítimo ata O Saltiño, chegará ata Mañóns e volverá a Boiro, situándose a meta na rúa peonil.

A entrega de trofeos está prevista para as 12.15 horas na praza do Concello, premiando aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos, tanto masculino coma feminino. Tamén se outorgarán premios aos tres primeiros corredores e ás tres primeiras corredoras, empadroados actualmente en Boiro, en cruzar a liña de meta; ao participante de maior idade; e medallas para os participantes das carreiras Mini, Supermini e curta.

Polo de momento hai ao redor de 700 inscritos, agardando superar esta cifra. Os interesados dispoñen ata as 23.59 horas do xoves 28 para anotarse a través da páxina web www.emesports.es.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.