Barbanza rexistra un aumento de 218 desempregados no mes de outubro

05 Novembro 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar os datos correspondentes ao mes de outubro sobre o paro en Galicia. Nos catro concellos que conforman Arousa Norte, prodúcese unha subida xeneralizada. Respecto ao mes de setembro, Ribeira lidera a perda de postos de traballo con 92 desempregados máis, seguido de Boiro con 72, Rianxo con 48 e A Pobra do Caramiñal con 6. Polo tanto, produciuse un aumento de 218 persoas que quedaron sen traballo. Deste xeito, refléxase un total de 3.348 desempregados, dos cales 1.248 correspóndense con Ribeira, 455 coa Pobra, 1.030 con Boiro e 615 con Rianxo.

Tamén se observa un número moito máis elevado nos parados maiores de 25 anos en comparación aos que non superan esa idade. Así, en Ribeira confróntanse os 1.189 aos 59, na Pobra os 440 aos 15, en Boiro os 953 aos 77 e en Rianxo os 580 aos 35. O mesmo sucede en canto aos sexos, pois hai máis mulleres desempregadas ca homes. En Ribeira confróntanse as 788 aos 460, na Pobra as 267 aos 188, en Boiro as 633 aos 397 e en Rianxo as 366 aos 249.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.