Arranca o programa Boiro Emprega

07 Novembro 2019

O Concello de Boiro, xunto coa Conselleira de Economía, Emprego e Industria, pon en marcha o programa Boiro Emprega, enmarcado nos Programas Integrados de Emprego de Galicia. Unha iniciativa que ten como obxectivo actuar de maneira efectiva sobre a empregabilidade no municipio e a inserción laboral.

A formación é un dos aspectos de maior incidencia sobre as posibilidades de mellora e inserción laboral, por iso as accións deste programa inclúen unha combinación de actividades de carácter individual e colectivo, que buscan desenvolver as capacidades prelaborais dos candidatos, mellorar e incrementar as competencias profesionais, achegar os usuarios ao mercado laboral e familiarizalos coas ferramentas de procura de emprego.

As accións formativas constan de varios itinerarios coma son turismo, administración e xestión, industria de produción e envasado. Ademais desta preparación para o emprego, recibirán tamén instrución transversal e obradoiros para a mellora de habilidades necesarias para a ocupación laboral. Así mesmo, os usuarios do programa teñen a posibilidade de realizar prácticas formativas nas empresas do municipio boirense.

Por outra banda, tódalas persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en cinco euros por dia de asistencia ás accións. Os interesados poden solicitar toda a información do Boiro Emprega na Oficina de Orientación Laboral do Concello, de maneira presencial, no enderezo electrónico orientación.laboral@boiro.org ou no teléfono 981842609.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.