Área Sanitaria de Santiago e Barbanza súmase ao Día Mundial da Diabetes

14 Novembro 2019
Cedida por Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

Na xornada de hoxe celébrase o Día Mundial da Diabetes e a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza súmase a concienciación da importancia de previr, identificar e tratar esta doenza, pois, segundo precisan, ao redor do 13% da poboación adulta ten diabetes, aínda que a metade deles non o sabe.

O doutor Miguel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da área compostelá, indica que “unha das importantes tarefas que temos por diante é a identificación e diagnóstico deste 6’5% de persoas que non saben que teñen diabetes.” Do mesmo xeito, informa que “as accións do día mundial van encamiñas a un maior coñecemento de cales son os síntomas e factores de risco.”  E aproveitou a xornada para concienciar da importancia de levar un estilo de vida saudable, “a través da alimentación e do exercicio físico de forma regular. Aínda que tamén hai unha predisposición xenética, levar uns bos hábitos de vida son fundamentais para a prevención.”

O Día Mundial da Diabetes foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde en 1991, en resposta ao preocupante aumento da diabetes no mundo. O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas a esta enfermidade, para así axudar a previr o seu enorme crecemento. Esta xornada reúne a millóns de persoas en máis de 160 países, incluíndo pacientes afectados pola diabetes, profesionais sanitarios, autoridades con poder de decisión en materia sanitaria e medios de comunicación.

Cada ano, as celebracións deste día viran ao redor dunha idea central, e neste 2019 o tema é a Diabetes e a Familia. O Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza programou unha serie de actividades con obxecto de transmitir á poboación a relevancia desta enfermidade e as súas importantes repercusións na vida, non só do paciente, senón dos seus familiares.

En primeiro lugar establecéronse dous puntos informativos, un no patio da entrada do Hospital Clínico e outro no Hospital da Barbanza, atendidos por persoal médico e de enfermería de Endocrinoloxía e Nutrición. Aquí ofreceuse información sobre prevención e control de diabetes, hábitos de vida saudable, ou cálculo do risco individual de padecer diabetes, que estivo accesible para pacientes ambulatorios, familiares e tamén para persoal hospitalario.

Pola mesa instalada no Clínico pasaron uns 150 usuarios ao longo da mañá e preto de 100 pola do Hospital da Barbanza.

Aos pacientes hospitalizados con diabetes faráselles chegar durante o día información sobre como asegurar un bo control da súa patoloxía e evitar complicacións, a través dun díptico que se achegará na bandexa das comidas. Por último, tratarase de achegar a campaña informativa á poboación xeral fóra do hospital.

Por outra banda, o 23 de novembro, coa colaboración do Concello de Boiro, persoal do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición de Santiago, xunto coa enfermería voluntaria do Hospital da Barbanza e de Atención Primaria da área, levarán o punto informativo sobre Diabetes e a Familia ao local multiusos do mercado municipal de Boiro. Desta maneira, o Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición de Santiago-Barbanza pretenderá, coa organización das actividades enmarcadas neste evento internacional, mellorar o coñecemento da poboación en diabetes como estratexia fundamental para combatela e controlala. Ademais, anímase a tódolos interesados, pacientes ou familiares, a que acudan aos puntos informativos e axuden a loitar contra a diabetes mellitus.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.