Aberto o proceso selectivo para a contratación de dúas persoas en Boiro

28 Novembro 2019

O Concello de Boiro ten aberto un proceso selectivo para a contratación dunha praza de prospector/a e outra de orientador/a laboral relativos ao programa integrado de emprego Boiro Emprega 2019.

Os requisitos para acceder á praza de orientador/a laboral son estar en posesión do título de grao universitario, ou equivalente, relacionado co posto e as funcións específicas do mesmo, así como posuír experiencia de dous anos no ámbito da orientación laboral. A modalidade de contratación é a xornada completa e as funcións específicas que vai desempeñar son as de información e orientación dos usuarios, ademais da elaboración de perfís profesionais dos candidatos.

Por outra banda, o prospector/a de emprego ocuparase de realizar estudos de emprego, contactos con empresas da contorna para a detección de necesidades laborais e colaboracións para a realización de prácticas. Os requisitos para acceder ao posto de traballo son acreditar a titulación de, como mínimo, Formación Profesional de Grao Medio, ter experiencia laboral de dous anos en tarefas comerciais, permiso de conducir e dispoñibilidade de vehículo.

As bases e a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.gal. A presentación de solicitudes pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 5 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.