A violinista Sara Michieletto ofreceu un concerto didáctico dirixido a alumnado de Ribeira

13 Novembro 2019

Sara Michieletto, primeiro violín na Orquestra Sinfónica do Teatro La Fenice, de Venecia, vén de ofrecer un recital no Auditorio municipal de Ribeira ante máis de 200 estudantes de ensino secundario no municipio. Este concerto didáctico concibiuse co afán de acentuar a importancia da pedagoxía a través das emocións, así como resaltar a importancia do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

A este respecto, nun breve discurso en galego ao principio da sesión, a propia Micheletto aludiu ao dramatismo das imaxes da inundación acaecida a pasada noite na súa cidade de orixe, Venecia.

Para o recital contou coa participación dalgúns estudantes que a acompañaron no escenario do recinto municipal. O repertorio comprendeu algunha peza composta pola propia violinista e outras de grandes mestres coma Vivaldi.

A iniciativa organizouse en colaboración co profesorado do IES Número 1 de Ribeira e IES Leliadoura, aos que a concelleira de Cultura, María Sampedro, agradeceu a súa implicación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...